Entre os atletas que tomaban a saída no Memorial Alejandro Lorenzo, reservado para as categorías base do atletismo galego, estaban os corredores das Escolas Deportivas de Trives (que compiten coa camiseta do Club Adas Cupa). Desta volta non houbo podios, pero o adestrador das escolas, Tino Sierra, destaca o esforzo dos cativos e fai un balance positivo da súa actuación nesta proba autonómica.
“Os nosos atletas cumpriron como sempre e quero destacar a estrea de Gerard González, Bianca Dorsa, Ángel Henrique Rincón e a Adrián Pérez, que para debutar nun campionato galego tiveron unha actuación moi aceptaable”, comenta Sierra que agradece o apoio dos pais dos atletas e tamén do Concello da Pobra de Trives.
Fotos cedidas.