DeportesEn portadaÚltima horaVídeos

Os barquenses Inés Docampo e Jesús Rodríguez, segunda e terceiro na XI Carreira do Nadal, na Rúa

 

Andando e correndo. Son as dúas opcións que daba a XI Carreira e Andaina Popular do Nadal, que na mañá deste 24 de decembro  reunía a máis de 150 persoas entre andarines e corredores (carreira absoluta e base), no Aguillón da Rúa.

 

 

E alí, diante do pavillon municipal, partían ás 11:30 horas os preto de 45 participantes na andaina, a primeira modalidade en tomar as saída. Media hora despois facíano os 54 corredores que participaban na carreira absoluta. O circuíto, de 6,5 km percorría boa parte da zona da Veiga, preto do río.

O primeiro en chegar á meta e galador absoluto era Adrián López Baltar de Chantada, seguido por Inés Docampo Gamarra do Barco e Jesús Rodríguez León, tamén do Barco.

 

 

Os máis de 50 cativos inscritos nas diferentes carreiras de base, eran os últimos en saír, completando un circuíto máis reducido en función da idade.

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button