ConcellosÚltima hora

Os barquenses poderán estrear o ano patinando

Pista de patinaxe de xeo sintético instalada no pasado Nadal no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.
Pista de patinaxe de xeo sintético instalada no pasado Nadal no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

O pavillón de Calabagueiros (O Barco) acollerá, de novo, unha pista de patinaxe de xeo sintético, semellante á instalada no pasado Nadal, xunto con inchables. Nela poderá patinarse do 1 ao 8 de xaneiro, cun horario de 11h. a 14h. pola mañá e de 16h. a 20h. polas tardes. No caso dos días 1 e 6 de xaneiro a pista estará aberta só pola tarde.

O prezo de cada unha das sesións será de 4 euros. Os establecementos asociados ao Barco Centro Comercial Aberto (CCA) agasallarán aos seus clientes cunhas entradas para esta pista no marco da campaña de Nadal que promove esta asociación. Esta actividade será organizada por Mantesil en colaboración con AEVA, O Barco CCA e o Concello do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button