Deportes

Os benxamíns do C.D. Rúa reciben no Couto a copa de campións de liga

Publicidade

Os pequenos do C.D. Rúa desfrutaron onte dunha festiva xornada no campo ourensán do Couto. Alí, aproveitando a final da Copa Deputación sénior entre o Velle e a UD Ourense, os benxamíns dirixidos por Luis María Ferrer recibían o trofeo que os acredita como flamantes campións da liga 2017/2018.

Unha competición que ganaban xa no mes de abril despois dunha liga case perfecta, con 19 vitorias, 1 empate e dúas derrotas en 22 partidos, sendo ademais o equipo menos goleado do grupo. Na Copa Deputación os rueses perdían na tanda de penaltis ante o C.D. Arenteiro no partido de cuartos de final disputado no campo rues do Aguillón tras empatar a 1 nos 50 minutos reglamentarios.

Artigos relacionados

Back to top button