CulturaCulturaÚltima hora

Os Bolechas deportistas viaxarán este verán ata A Pobra de Trives e Castro Caldelas

Mañá estarán no CEIP Plurilingüe Ben-Cho-Shey do Pereiro de Aguiar pola mañá e en Quiroga pola tarde

 

Despois de estar en Boqueixón, Os Bolechas continúan coa súa xira de verán “Os Bolechas Deportistas xogan no tempo” no concello de Pereiro de Aguiar, en Ourense. É a segunda edición desta iniciativa, durante a cal visitan quince concellos galegos co principal obxectivo de fomentar o uso da lingua galega no deporte e os hábitos de vida saudables entre os máis cativos. A actividade será no CEIP Plurilingüe Ben-Cho-Shey, ás 11 horas.

Os Bolechas comezaron a súa andaina por toda a xeografía galega coas súas aventuras para ensinar as vantaxes de practicar deporte e levar unha vida activa. Nesta nova odisea, os irmáns viaxan nunha caravana itinerante co seu avó, quen está moi contento por esta excursión cos seus netos. Para non aburrirse e pasalo ben, Braulio decide construír unha máquina coa que practicarán os deportes do pasado, presente e futuro. Esta iniciativa enmárcase dentro do FalaRedes, un programa de dinamización lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

A través dun teatro de monicreques e outras actividades complementarias a pé de rúa como sorteos de libros, a iniciativa pretende espallar a sabedoría e as ganas de pasalo ben que acompañan a familia, así como fomentar o uso da lingua galega no ámbito deportivo. Os Bolechas Deportistas contribúen a fomentar o idioma galego e a importancia de exercitarse entre as nenas e nenos para levar unha vida activa.

 

 

Unha caravana e quince concellos

Cun total de quince actuacións, o concello de Ribeira foi a primeira parada da familia, seguida de Chantada, Barreiros, Campo Lameiro, Vilanova de Arousa, Boqueixón, O Pereiro de Aguiar, Quiroga, Frades, Mondariz, Ares, Baiona e Bande e a Pobra de Trives. A derradeira excursión dos Bolechas será o domingo 6 de agosto, no municipio ourensán de Castro Caldelas.

Ademais de consultar o calendario da xira, na web os cativos poderán descargar unha unidade didáctica sobre deporte, ficheiros para colorear, pasatempos como encrucillados e sopas de letras; así como dous test de avaliación, un máis doado e outro difícil, para poñer a proba os seus coñecemento sobre deporte. Tras pasar o exame, os que o desexen, poderán descargar un diploma que acredita a súa condición de deportistas avanzados.

 

Artigos relacionados

Back to top button