OurenseÚltima hora

Os bombeiros de Ourense celebran a festividade do seu patrón, San Xoán de Deus

 

No mediodía deste venres 8 de marzo os bombeiros de Ourense celebraban a festividade do seu patrón, San Xoán de Deus, nas instalacións do parque municipal nunha xornada de convivencia, á que asistiron o concelleiro de Seguridade Cidadá, Antonio Fernández, representantes de todos os grupos políticos municipais, das diferentes administracións públicas: Subdelegación do Goberno, Xunta de Galicia e Deputación Provincial, e de todos os corpos de seguridade (Guardia Civil, Policía Nacional, Policía Local, Policía autonómica, Protección Civil).

 

 

Esta é unha xornada que pretende poñer en valor o traballo que realiza o servizo municipal, achegalo á cidadanía, ao tempo que estreitar a colaboración con todos os corpos de seguridade cos que cooperan no seu traballo diario na cidade, segundo explican desde o servizo municipal. Tamén asistiron os profesionais xubilados en anos anteriores e se lles realizou unha homenaxe aos 3 que se xubilaron este ano: Antonio Rejo Cid, José Díaz Rodríguez e Jesús González Fontao, os tres tras 30 ou máis anos de servizo.

Artigos relacionados

Back to top button