Dúas semanas despois de que comezara a tempada en casa o equipo sénior, botaba a andar a competición para os equipos de base do CD Rúa. Os primeiros en xogar, na xornada dese sábado 6 de novembro, eran os cadetes que se estreaban en casa cunha importante vitoria ante o Santa Teresita.
Os xogadores de ámbolos dous equipos saltaban ao terreo de xogo, no campo Vicente Solarat Maceda, nunha mañá que amencía fría aínda que pouco a pouco a néboa deixaba paso a un resplandecente sol. Os rapaces levaban máis dun ano e medio sen competir e a primeira media hora de partido foi un toma e daca entre xogadores, tanteando o terreo ata que Álex Gómez poñía o 1-0 no marcador co primeiro gol no minuto 37.
Tralo paso polo vestiario, repetíase o sistema de xogo, sendo Enzo quen marcaba novamente para o Rúa no minuto 66, sentenciando o encontro co 2-0 que xa non se movería.
Pola tarde, o campo de fútbol rues acollerá outros dous partidos de base: CD Rúa-CF Mondorte alevín ás 15:45 horas e CD Rúa-CD Arenteiro benxamín ás 15:45 horas. O equipo sénior xogará mañá, domingo 7 de novembro ás 16 horas contra ADF Molgas.
Fotos: Mónica G. Bellver.