BaloncestoDeportesÚltima hora

Os cadetes do MV Barco, campións da 2ª División Masculina Ourense

 

Non podía ser doutra forma. Tras completar unha tempada perfecta, sen unha soa derrota en dezaoito xornadas, o equipo cadete masculino do MV Barco, proclamábase campión da 2ª División Masculina de Ourense.

A entrega do título e das medallas tiña lugar na tarde do venres 22 de abril en casa, no pavillón municipal de Calabagueiros, pero os rapaces que adestra Patricia Gómez selaban o campionato xa no mes de marzo, tralo último partido da liga disputado no Barco ante o CB Xuventude Verín, que remataba cun contundente 65-18 para os valdeorreses.

 

Artigos relacionados

Back to top button