PolíticaÚltima hora

Os candidatos ourensáns do PP ás alcaldías, na presentación desta mañá en Santiago

O acto era clausurado polo presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, e o presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo. E nel tamén interveu, entre outros, o alcalde de Xunqueira de Ambía e candidato á reelección, José Luis Gavilanes

 

O presidente provincial do PPdeOU, Manuel Baltar, asistíapresentación dos 313 candidatos populares ás alcaldías dos concellos galegos esta mañá en Santiago de Compostela á presentación dos 313 candidatos ás alcaldías dos concellos galegos -92 deles ourensáns, máis o candidato da entidade local de Berán-.

“Quedan 91 días para o 28 de maio, e somos como sempre a forza política que con anticipación, previsión e planificación conformamos os equipos. E con ese traballo hoxe sabemos os homes e mulleres que liderarán as nosas candidaturas”, recalcou Manuel Baltar despois do acto, celebrado no Multiusos Fontes do Sar ante máis de 5.000 persoas.

O presidente provincial lembra as metas do PPdeOU o vindeiro 28 de maio. “Estes son os candidatos que van a traballar para conseguir rexer os destinos dos seus concellos nos próximos catro anos, nun mandato no que tamén agardamos contar coa maioría absoluta na Deputación de Ourense e cun récord histórico de alcaldías”.

“E para acadar os nosos ambiciosos obxectivos”, enfatiza Manuel Baltar, “fai falta moito traballo, fai falta moita militancia, fai falta implicación e un gran partido”.

O acto de Santiago foi clausurado polo presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, e o presidente do Partido Popular nacional, Alberto Núñez Feijóo. En representación dos 313 candidatos interviu o alcalde de Xunqueira de Ambía e candidato á reelección, José Luis Gavilanes; o candidato do PP á alcaldía de Santiago, Borja Verea; a candidata á alcaldía de Cambados, Sabela Fole; e a candidata á alcaldía de Pol, Nicole Grueira.

Artigos relacionados

Back to top button