CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Os “Cantares das Janeiras” soan en Chaves

Nos últimos días d Nadal os chamados “Cantares das Janeiras” interpretábanse no Salão Nobre dos Paços do Município de Chaves. Seguindo a tradición, o alcalde deste concello do norte de Portugal, António Cabeleira, acompañado por membros do seu equipo de goberno, recibía e acollía a algúns grupos locais que entoaron diversos canticos tradicionais propios destas datas festiva.

O grupo da Igreja de Santa Maria Maior foi o primeiro en actuar co tradicional “Cantar das Janeiras”. Ademais o 3 de xaneiro, o Concello recibía a outro grupo da Santa Casa da Misericórdia de Chaves e o día 5 acudía o do Centro Social e Paroquial de Chaves. Neste último grupo, constituído por mais de 60 elementos, participaron os alunmos finalistas desta institución, xunto cos pais e educadores, que de agasallaron aos asistentes con varias pezas aluvias ás “Janeiras”.

O executivo municipal de Chaves louvou as iniciativas, lembrando a importacia destas “na preservación e continuidade das tradicións populares, e facendo votos dun bo “Ano Novo” para todos os participantes.

Artigos relacionados

Back to top button