Con música polos locais de hostalaría. Da mellor maneira posible está a rematar a XXII Festa do Botelo do Barco, coa actuación de sete agrupacions en seis bares, despois de amenizar o pasarrúas tralo pregón dende o Teatro Lauro Olmo ata o pavillón de Calabagueiros, amenizando tamén o xantar.
Corenta e Chinco Boys, Os do Venres, Os Somontanos, As Macizas Centrais de Trives, Pándega de Valdeorras, Abertal da Rúa e Os Trabazos de Quiroga son os encargados da foliada nos bares entre o Casco Vello e o Malecón. Comezaban pasadas as sete da tarde e continuarán ata preto das once da noite.
Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.