CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Os cantos de taberna poñen o broche á XXI Festa do Botelo do Barco

 

A música é parte esencial en toda celebración que se precie e a Festa do Botelo do Barco non é unha excepción, comezando e rematando musicalmente.

O Orfeón Valdeorrés era o encargado de abrir o acto do pregón no Teatro Lauro Olmo e máis tarde serían os cantos de taberna os protagonistas coa actuación de sete agrupacións. Os Parrandas (Vilamartín), Foliada de Bosende (Lugo), Os Corenta e Chinco Boys (A Pobra do Brollón), Macizas Centrais (Trives), Os Somontanos (A Pobra do Brollón), Os do Venres e Abertal (A Rúa) eran os encargados do pasarrúas dende o teatro ata o pavillón de Calabagueiros onde amenizaba o xantar e finalmente a foliada polos bares da vila entre o Casco Vello e o Malecón.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button