Regresa a música ás rúas e locais de hostalaría triveses neste outono. Na tarde e noite do vindeiro 26 de novembro celebraranse os 15º Cantos de Taberna na vila, promovidos pola Asociación A Caniceira, que o vén de anunciar a través das súas redes sociais.
“En vindeiros días iremos actualizando informacións sobre grupos, horarios e locais participantes”, adiantan, matizando tamén o cartel desta edición ten sido realizado por Belén Oito Cerocinco Studio.