EconomíaEconomíaÚltima horaVídeos

Os cativos desfilan pola alfombra vermella no casting do CCA O Barco

Publicidade

 

Os nenos son sempre unha das principais atraccións nos desfiles de moda organizados dende o sector comercio. A Pasarela de Moda que o CCA O Barco está preparando para o 9 de abril non é unha excepción, por iso dende a organización puxeron en marcha un casting infantil para elixir a algúns dos pequenos que participarán nesta edición. Varias das tendas que participarán no desfile contan cos seus propios modelos.

 

 

Así, no mediodía deste sábado 12 de marzo, unha vintena de pequenos desfilaban pola alfombra vermella instalada no pavillón vello do Barco, diante da atenta mirada dos membros da Asociación Centro Comercial Aberto O Barco: Ainhoa Carracedo, Jacobo Arias e Javier Brasa.

Despois de desfilar, amosando o seu mellor sorriso e unha gracia innata, os cativos recibían unha piruleta e os aplausos do público.

 

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button