OurenseÚltima hora

Os cativos do PAI de Sandiás descobren o mundo do mel na escoliña apícola da “Abelliña azul”

 

Unha experiencia preciosa na “Abelliña azul. O Mel da Inés” por parte dos nenos do PAI (Punto de Atenció á Infancia) de Sandiás. A xornada comezou cun contacontos.  Máis tarde no tendal, os participantes seguiron con atención as explicacións sobre as abellas, o mel, o pole e o funcionamento das colmeas.  Tamén tiveron ocasión de observar de preto a cera e realizar unha degustación de diferentes meles. Fixeron unha pausa para a merenda e comezaron a investigar o bosque autóctono galego acompañando a experiencia coa visita ás colmeas. Os peques e familiares gozaron dun día cheo de descubrimientos.

“A experiencia tivo como obxectivo reconectar coa natureza, achegar ás novas xeracións ao fascinante mundo das abellas, fomentar o respecto polo bosque autóctono e reforzar os valores de cooperación como nunha colmea”, din os promotores, que ademais lle agradecen a Inés “o agarimo co que nos recibiu, paciencia e hospitalidad e, unhas instalacións fermosas e acolledoras”.

En definitiva, unha experiencia de aprendizaxe vivencia con traxes apícolas adaptados, enfoque lúdico-didáctico cheo de xogos, manualidades e degustacións.

Fotos cedidas.

 

Back to top button