A Asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco eos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos seis centros educativos de O Barco para celebrar as Letras Galegas do 2022 coa campaña “Os Vieiros de Florencio”, na que se rende tributo ao poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán. Esta iniciativa presentábase esta tarde nun acto celebrado na praza do Concello do Barco que contaba coa presenza de representantes dos centros de ensino e do presidente do CCA, Jacobo Arias.
Así desta volta os establecementos asociados ao CCA O Barco e participantes na campaña, un total de corenta e catro, amosarán nos seus escaparates fotografías con versos de Florencio Delgado Gurriarán elaboradas polo alumnado dos seguintes centros educativos: CEIP Condesa de Fenosa, CEIP Julio Gurriarán, CEIP Otero Pedrayo, Colexio Plurillingüe Divina Pastora, IES Lauro Olmo e IES Martaguisela.
Paralelamente, os cativos da comarca poderán participar nunha xincana polos comercios da campaña buscando as fotografías en cada un deles e vinculándoas cos versos indicados nun folleto de partipación que deberán selar en cada establecemento. Ao completar a xincana e ter o folleto cuberto, xunto cos datos persoais, deberán depositalo nunha urna instalada nas oficinas do CCA O Barco (c/ España, 1).
A campaña desenvolverase dende o xoves 12 de maio ao martes 31 de maio. Entre tódolos participantes se sorteará un vale de compra de 50€ para investir nas librarías asociadas ao CCA O Barco: Caprichos, Libraría Murciego, Praxis e Libraría Yoli. Ademais, se premiará a mellor fotografía de cada centro educativo cun vale de 25€ para material escolar.