Como cada 17 de maio dende hai xa moitos anos, na mañá deste sábado A Rúa celebraba o Día das Letras Galegas cun bonito festival a cargo de Abertal que chegaba cun pasarrúas dende a Casa da Cultura.
Xa na praza do Concello onde agardaba o público, era a banda de gaitas que abría o festival interpretando un acaído tema, “Homenaxe” como a que “hoxe lle adicamos ás nosa vellas pandereteiras”, aseguraba o presidente de Abertal, Manuel Durán no momento de presentar o acto, destacando as figuras que había tanto na Rúa como nas localidades veciñas (Roblido, Vilamartín,…).



As actuais, que forman parte de Abertal foron as grandes protagonistas, tanto as maiores como as mediadas e as pequerrechiñas que conquistaron ao público coas súas pandeiretas e alalás.
Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver



