DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Os ciclistas percorren os montes de Larouco

A V Ruta BTT Jabalíes supera expectativas con máis de 200 participantes

Unha valoración “moi positiva” fan dende o Club Ciclista Jabalíes de Valdeorras, da V edición da ruta BTT que se celebraba na mañá do 3 de xullo. “Houbo máis dente que o ano pasado porque repetiron moitos e ademais trouxeron a amigos e coñecidos”, explica o presidente do club que, por segundo ano consecutivo, elixía o municipio de Larouco para a proba non competitiva.

O punto de partida da ruta, na que participaron 210 ciclistas de toda Galicia e parte do Bierzo (aínda que Monforte e Ponferrada son o gran foco), era o Concello de Larouco e a partires de aí, os bikers percorreron os circuítos (un longo de 48 quilómetros e outro curto de 36), disfrutando de espectaculares paisaxes pouco coñecidas. Ao remate coma sempre houbo un xantar no pavillón.

Dende o club que neste momento conta cuns 65 socios de toda Valdeorras, esperan que a proba regrese á Rúa que foi onde naceu pero tamén teñen claro que manterán unha ruta en Larouco pola boa acollida que teñen “os veciños saen á rúa e anímannos e todo son facilidades”, di o presidente, asegurando que o éxito de convocatoria pode ser debido a varios factores: “é das rutas máis baratas e que máis ofrece (este ano tiñamos ata frebas nun dos avituallamentos) e nós tamén imos a moitas probas polo que a xente devólvenos a visita”.

Fotos: Carlos G. Hervella /Clemente Pérez.
Máis fotos no seguinte enlace:
https://osil.info/andaina-concello-de-larouco-reune-uns-70-participantes/

Artigos relacionados

Back to top button