CarballedaConcellosÚltima hora

Os clásicos da ronda española do ‘Rally The Globe’ fan parada en Fonte da Cova (Trevinca)

 

Dende o 25 de abril e ata o 5 de maio estase celebrando a carreira española do Rally The Globe, coa participación dun bo número de coches clásicos.

Partindo da xoia arquitectónica de Barcelona e tras pasar por emblemáticas paraxes de Soria, Segovia, Salamanca ou Zamora, chegaban a terras ourensás, facendo parada en Fonte da Cova (Trevinca) no concello de Carballeda de Valdeorras, onde tiñan un punto de control horario.

A oitava etapa, entre Puebla de Sanabria e Luíntra, foi a máis curta da carreira con 303 km pero “o que lle faltaba en cantidade compensouno con creces en calidade”, aseguran dende a organización.

A carreira rematará o xoves na costa cantábrica, en Santander, coa entrega de premios e a cea de gala.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button