OurenseÚltima hora

Os comercios de Barbadás usarán o mesmo tipo de bolsa con lemas para incentivar as compras e o consumo

 

A promoción e apoio do comercio local é fundamental para o desenvolvemento económico e social dun municipio. Por iso a Concellería de Comercio de Barbadás leva a cabo campañas de forma recorrente para fomentar o consumo local e promocionar os establecementos da zona.

Unha das últimas iniciativas, levada a cabo esta mesma semana, consistiu na distribución de bolsas co obxectivo de impulsar o comercio local e que se suma a outras accións como as campañas promocionais en datas sinaladas, como a do Día dos Namorados ou Nadal, nas que se incentiva as compras no comercio local a través de descontos, promocións ou sorteos; os bonos comercio, que se destribuíron en tres ocasión entre a veciñanza, ou os roterios comercias, con percorridos e mesmo guías para dar a coñecer os distintos establecementos da zona.

Os comerciantes, pola súa banda, participan en obradoiros e cursos de formación e asesoramento organizados pola mesma concellería, nos que teñen a oportunidade de aprender novas técnicas de venda, márketing ou escaparatismo co fin de de mellorar a súa competitividade e atraer a máis clientes.

 

Artigos relacionados

Back to top button