OurenseÚltima hora

Os Concellos de Ourense e Barbadás súmanse á conmemoración do 25N

 

Concello de Ourense sumouse á conmemoración do 25 de Novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, cun minuto de silencio polas vítimas da violencia machista, polas asasinadas e polas supervivintes.

Logo do minuto de silencio, foi o concelleiro de Política Social, Telmo Ucha, o encargado de ler a declaración institucional consensuada pola FEMP para a ocasión.

Lectura da Declaración institucional no Concello de Barbadás con motivo do 25N

Como cada 25 de novembro, o Concello de Barbadás únese á conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres, reiterando este ano “o noso compromiso na loita pola erradicación das violencias contra as mulleres e combatelas con todos os recursos ao noso alcance, e incluír a todas e a todos nesta loita, axentes sociais, institucións, cidadanía, medios de comunicación,… recoñecendo a importancia do papel das entidades locais, en tanto, poderes públicos próximos ás realidades que viven as mulleres e as crianzas”.

Tralo minuto de silencia polas vítima deron lectura á Declaración Institucional

 

Lectura do manifesto no Concello de Barbadás.

Artigos relacionados

Back to top button