SanidadeÚltima hora

Os concellos de Trives, Manzaneda e Río pídenlle á Xunta “coordinación e protocolos a seguir” ante o positivo por Covid-19

Ademais agradecen que o Sergas atendese as súas peticións de facerlle probas aos contactos do traballador infectado

Entrada ao Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende os Concellos de Trives, Manzaneda e San Xoán de Río vén de emitirse nesta tarde un novo comunicado no que piden coordinación e protocolos a seguir por parte da Xunta ante o positivo de Covid-19 que se detectaba na comarca nas últimas horas e que está ingresado no Hospital Univeristario de Ourense.

Ademais agradecen que o Sergas atendese as súas peticións de facerlle probas aos contactos “e na tarde de hoxe vai realizar as probas a compañeiros do traballador positivo en Covid-19. Deste feito temos constancia polos propios traballadores e por Protección Civil”, aseguran.

Na súa nota de prensa, os tres concellos tamén indican que dous deses traballadores “abandonaron a área sanitaria supostamente por recomendación do Sergas, sen que ata agora se nos comunicase tal extremo oficialmente. Descoñecemos se os traballadores desprazados a facer a proba voltarán aos nosos concellos ou se tamén serán invitados a abandonar a zona”.

Así mesmo Trives, Río e Manzaneda agradecen o traballo de Protección Civil de Trives e inciden en que “pretendemos informar, non alarmar, para que toda a poboación teña coñecemento do que está a acontecer en cada momento”.

 

Artigos relacionados

Back to top button