EconomíaEconomíaÚltima hora

Valdeorras e as Terras de Trives, presentes no 25º aniversario de Xantar

 

“E aquí seguimos… 25 anos despois…” con esta frase iniciaba o director de Xantar, Rogelio Martínez, o acto inaugural da 25ª edición de Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, que abriu hoxe as súas portas en Expourense botando a vista atrás para ver o camiño percorrido pero marcando ao mesmo tempo un punto de inflexión cara a unha feira máis actual. Un “novo Xantar” xa posicionado como punto de encontro profesional que busca agora tamén a implicación do público xeral con accións como a entrada gratuíta, os concertos, os restaurantes baseados en tapas e petiscos que contan co apoio dos hostaleiros de Ourense ou un deseño máis atractivo e moderno nas casetas.

 

 

Esta primeira xornada de Xantar foi tamén o día dedicado a destinos que son fieis expositores que levan anos apostando polo salón como plataforma de promoción dos seus recursos turísticos e enogastronómicos. Entre estes destinos destaca sobre todo o Norte de Portugal, que cada ano reforza a súa presenza e que este ano conta coa participación de máis de 15 cámaras municipais ademais das incluídas no caseta Entidade de Turismo Porto e Norte.

Tras os discursos inaugurais, o actor ourensán Sergio Pazos, pronunciou un divertido pregón no que fixo un percorrido polos 25 anos de historia de Xantar lembrando cando o mesmo foi pregoeiro no ano 2006 e facendo pensar ao público desde que ano participan en Xantar xa que algúns dos presentes participan desde a primeira edición. Animou aos asistentes para cantar a ritmo de rap cun “Xantar mola mogollón, esta feira non ten parangón”.

 

 

Expourense convértese así durante catro xornadas, ata o vindeiro domingo 27 de outubro no epicentro do turismo enogastronómico peninsular a reunindo a máis de 90 expositores e con 5 países representados (España, Portugal, Australia, Perú e Costa Rica). Ademais da Zona de Tapas, conta con 4 restaurantes (INORDE, Ourense Enogastronómica, Festas gastronómicas de Valdeorras e Mantesil – gastronomía Tradicional), 2 aulas gastronómicas, 1 aula de catas comentadas e 1 espazo de degustación e promoción das festas gastronómicas de Galicia.

 

 

Entre os expositores, o Concello de Trives, o Concello de Manzaneda e Sabores de Trevinca-Concello da Veiga, entre outros, así como adegas e asociacións.

Fotos: O SIL, salvo as dúas últimas da galería.

Máis información e fotos:

Xantar abre as portas en Expourense a catro días de catas, degustacións, concursos gastronómicos e conferencias

Artigos relacionados

Back to top button