
Os concellos ourensáns recibirán por parte do Estado un total 165.558,61 euros para combater a loita contra a violencia de xénero. O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, asegurou que todos os municipios parten dunha contía fixa de 689 euros, e a partires de aí engádese unha contía variable de 0,18 euros por habitante.
Así, os concellos que estean adscritos ao Sistema de Seguimento Integral de Violencia de Xénero (Viogen) recibirán máis aportación, xa que se reserva parte do fondo estatal a este fin. Entre os concellos que recibirán unha maior aportación figura a cidade de Ourense, con 35.059,55 euros, seguida do Carballiño non 18.538,79 euros e do Barco con 18.489,65 euros.
Pola súa banda, tamén recibirán a axuda os concellos lugueses de Quiroga, con 1.288,04 euros; Monforte de Lemos, con 4.069,94 euros; e Sober, con 1.109,84 euros.