CulturaCulturaÚltima hora

Os contos de Quico Cadaval, no Barco

O narrador Quico Cadaval, durante a súa actuación no Barco./ Ángeles Rodríguez.
O narrador Quico Cadaval, durante a súa actuación no Barco./ Ángeles Rodríguez.

Á beira do río Sil, Quico Cadaval ía debullando historias. Unhas entrelazadas con outras e salpicadas de comentarios e humor, moito humor. Facíao na noite do 8 de xullo, nunha das actuacións incluídas no programa “De Perto. Outros espazos para a cultura”, promovido dende a Concellería de Cultura do Barco.

Numerosas persoas seguían este espectáculo que tiña lugar á beira do río Sil, no Malecón do Barco./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Numerosas persoas seguían este espectáculo que tiña lugar á beira do río Sil, no Malecón do Barco./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Era un espectáculo de narración oral no que, tras explicar dun xeito singular que é un contacontos, encetaba un rosario de relatos que atrapaban ao público. Ían dende contos clásicos como o de Carrapuchiña, pero dende un enfoque moi persoal, pasando por pezas con referencias á Santa Compaña, ata contos sufitas.

A vindeira cita con “De Perto” será o concerto do cantante galego Fran Pérez (Narf) o 10 de xullo ás 22:30h. tamén á beira do Sil, no Malecón.

Artigos relacionados

Back to top button