Comezaban a xuntarse hai dez anos para reforzar os lazos familiares, e dende entón, salvando o ano da pandemia, non faltan á cita cada primeiro sábado de marzo.
E así, no mediodía deste 1 de marzo os ‘Corrolos’ celebraban na Adega Alán de Val (A Rúa) o X aniversario da súa xuntanza ao redor dunha boa mesa.

Trátase dunha reunión anual de primos (Fonso, Cris, David, Alfonso e Anabel) que viven en diferentes partes de España pero que manteñen un forte vínculo familar, á que se foron incorporando as parellas e os fillos. “Este ano por ser o décimo aniversario tamén viñeron os meus pais e algúns tíos”, di Anabel, a prima que vive na Rúa. O resto vén de Barcelona, Andorra e Madrid, xuntándose este ano 20 familiares.

Fotos: Mónica G. Bellver.



