CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Cuchufellos e Doctor Queen na II Beltane de Oca Nova Manzaneda

A estación de montaña reedita a festa prevista para a fin de semana do 8 ao 10 de xullo
Os Cuchufellos de Manzaneda actuarán na Beltane 2016. /Foto: Carlos G. Hervella.
Os Cuchufellos de Manzaneda actuarán na Beltane 2016. /Foto: Carlos G. Hervella.

Brincadeiros, mercadiño, exhibicións, actuacións musicais e ata rutas de sendeirismo. Son os ingredientes cos que a estación de montaña Oca Nova Manzaneda ultima a edición da festa Beltane 2016 para os días 8, 9 e 10 de xullo.

No apartado musical, o venres está prevista a actuación do grupo Cuchufellos de Manzaneda, seguida dunha sesión DJ de Danzalia. E o sábado tocaralle o turno a Doctor Queen que dará o “único concerto gratuíto na súa xira por Galicia sendo, para moitos, a mellor banda tributo do mundo, ao conxugar un incrible parecido físico coa banda orixinal cunha impresionante posta en escena onde as voces e o vestiario recrean de forma precisa á mítica banda de Freddie Mercury”, explican dende a organización. Como teloneiros actuará a banda valdeorresa Placeres Solitarios, rematando a noite cunha nova sesión DJ a cargo de Danzalia.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button