CulturaCulturaÚltima hora

Os debuxos de Mauro Docampo, no escaparate de Miranda Moda no Barco

Este artista valdeorrés expón unha escolma das súas obras ata o vindeiro decembro no marco do proxecto "MirArte"

 

Estréase dentro do proxecto  “MirArte”, que promove dende hai anos Miranda Moda no Barco para amosar a obra de creadores valdeorreses. Ata primeira semana de decembro uns 13 debuxos e bocetos do artista Mauro Docampo poderán verse no escaparate deste establecemento.

“Centrándome na representación da figura humana en escenas costumistas, retratos de coñecidos, familiares ou amigos, creo estes debuxos e bocetos co obxectivo de adquirir destreza técnica
na complexa representación anatómica, da simplificación dos elementos e coa fin de plasmar ideas para futuros proxectos artísticos, así como, conservar recordos”, explica Mauro Docampo, estudante de Belas Artes.

 

Mauro Docampo, realizando uns bocetos./ Cedida.

 

Ademais disto, prosegue, “esta práctica serve como reflexión sobre a estética e a linguaxe pictórica. Unha linguaxe pictórica que varía grazas aos novos coñecementos adquiridos polo entorno socio-cultural no que me encontro e como consecuencia das miñas necesidades ou gustos personais que varían co paso do tempo”.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button