OurenseÚltima hora

Os Ecovixiantes celebran o Día Mundial do Coidado da Natureza cunha limpeza na Pista Vermella

 

Nova semana de actividades en defensa do Medio Ambiente para os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense.

Non só se trata de recoller cabichas; tamén hai que levar o obxecto en que depositalas. Por iso os luns realizan un taller de reciclaxe, onde se aproveitan as botellas plásticas que o alumnado utiliza en Franciscanas, máis un estuchado especial, para personalizar o cabichómetr que teñen o seu uso nas saídas ambientais dos mércores para retirar as perigosas cabichas da contorna. “En condicións normais, unha cabicha tardaría uns doce anos en desaparecer, e contaminaría uns 50 litros de auga”, lembran os Ecovixiantes.

Un pouco de taponeo solidario e un libro dos Bolechas para concienciar, completaron a ocupación do tempo libre do luns para os Ecovixiantes.

 

 

E xa o mércores celebraban o Día Mundial do Coidado da Natureza cunha limpeza na Praza-Pista Vermella da rúa Barros Sibelo de Ourense. “Como tantos outros lugares que percorremos e nos que actuamos, cremos que están descoidadas: maleza, bastante lixo en forma de botellas de plástico e latas de aluminio, papeleiras metálicas rotas e fóra dos seus emprazamentos…”, lamentan os Ecovixiantes, alertando de que o propio piso da pista deportiva non ofrece demasiada seguridade nestes días chuvioso. “As canastras de baloncesto tamén necesitan algún axuste e por suposto as sempre presentes cabichas, todo un clásico das nosas saídas”.

Con estas actividades Ecovixiantes quere demostrar que “son os pequenos xestos os que en realidade cambian o mundo, humanizándoo e transformándoo nun lugar máis agradable. Reducir, reutilizar e reciclar seguen sendo piares básicos neste lenta pero segura transformación. Coidar a Natureza, a contorna, compétenos a todas e a todos”, aseguran.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button