OurenseÚltima hora

Os Ecovixiantes comezan unha campaña de recollida de tapóns solidarios en colaboración coa Asociación Española do Síndrome CDG

 

Nova xornada de traballo ambiental para o incansable grupo de Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense. Na Pista Vermella de Barros Sibelo na capital ourensá levou a cabo unha limpeza do recinto, con especial fincapé na zona do Auditorio e na recollida de cabichas dentro da campaña ‘O mar empeza aquí’.

 

 

Este grupo de voluntarios medioambientais conciencia á sociedade do dano que causa o tabaco no  corpo humano e tame da súa repercusión no peto e no Medio Ambiente co ‘Obxectivo de Desenvolvemento Sostible na Auga Limpa e Saneamento’. Ademais dentro dos hábitos de vida saudable consumían froitas e xogaban ao voleibol e ao fútbol, onde o Sporting Sogama e o Atlético Pilabot empataron a 4 goles.

 

 

Os profesores Cristina e Lalo acompañaron unha vez máis a este voluntarioso grupo que leva a sustentabilidade por bandeira, estreando os novos petos de seguridade, xentileza da DXT, co logo de Ecovixiantes da coñecida scrappera de Verín, Chiqui.

Tapóns solidarios

Nesta mesma semana os Ecovixiantes comezan unha campaña de recollida de Tapóns Solidarios en colaboración coa Asociación Española do Síndrome CDG, enfermidade rara do metabolismo, grave, multisistémica e sen tratamento curativo.

 

 

“Acudimos así ao chamamento feito polo CEIP Seixalbo baixo o lema Arrinca o tapón para a investigación do CDG“, dinde dende o Colexio Plurilingüe Divina Pastora MM Franciscanas de Ourense lembrando que son centro de recollida de tapóns, e que a solidariedade debe ser sempre un valor nas nosas vidas.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button