OurenseÚltima hora

Os Ecovixiantes cumpren 27 anos con actividades de concienciación e coidado do medio ambiente

Celebraban o Día Mundial dos Humidais na contorna do río Miño, en Ourense

 

Os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense celebraban esta semana o Día Mundial dos Humidais na contorna do río Miño con Luis Amigo da Aula da Naturaleza e Raúl, Bilurico.

 

 

Guías de aves, colocación e limpeza de caixas niño, fichas de aves, observación ornitolóxica, hábitos de vida saludable, desfrutando da natureza, eran os obxectivos cumprido á beira do Miño, celebrando que este grupo de Ecovixiantes cumpre 27 anos con actividades de concienciación e coidado da Casa Común.

 

 

“Carboneros, pato común, cormoranes, lavandeiras, gorrións… asitiron tamén a esta celebración”, aseguran dende os Ecovixiantes que uns días despois entregaban 1.000 kg de pilas usadas á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático dentro da VI Liga Pilabot de recollida de pilas usadas.

“Os 477 alumnos/as participantes estanse esforzando moito para manter o nivel entregado en anteriores edicións, onde superamos as 2 toneladas recollidas”, aseguran dende Ourense.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button