Esta fin de semana os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense participaron na con Fina, da Asociación de Apicultura Galega, nunha clase maxistral e moi amena de apicultura, na Aula da Natureza de Oira.

“Pole, xelea, mel, propóleo, panal, alvarizas, flores, obreiras, raíña, zánganos, velitina… son termos inteoducidos no noso vocabulario”, di o profesor, Gonzalo Sánchez, explicando que Fina “destacou o papel das abellas no noso mundo co seu papel polinizador”.

Os Ecovixiantes celebraban así o 20 de maio, Día das Abellas, probando tamén o traxe de apicultura e realizamos un taller de fabricación dunha vela.

Fotos cedidas.



