OurenseÚltima hora

Os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense celebran o Día da Educación Ambiental

 

Unha semana máis cargada de actividades para os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense, que na xornada deste mércores 26 de xaneiro celebraron o Día da Educación Ambiental.

En Verín, na Fundación para Discapacitados Psíquicos, deixaron os 70 kg de tapóns solidarios recollidos no colexio e tamén cudían ao Campus Universitario para un estudo de investigación sobre a sinistralidade viaria na cidade, vehículos e peóns, dentro dunha aprendizaxe e servizo que están a realizar. “Tamén entrevistamos a Carmen Salpurido, auxiliar de Farmacia, para indagar sobre a influencia dos fármacos na condución”, explica o profesor Lalo Sánchez.

 

Colocando o material para a III Liga de Recollida de Pilas Usadas Pilabot que empeza o día 30.

 

Para completar a xornada, Puri Diéguez Novoa foi galardoada co premio Ecovixiante do mes.

Ademais o luns 31 comezarán as seis semanas da III Liga de Recollida de Pilas Usadas Pilabot e xa recibiron os pequenos contedores-caixa para ir recollendo as que o alumnado leve ao colexio. Na pasada edición entregaron 2.400 kg.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button