OurenseÚltima hora

Os Ecovixiantes de Franciscanas participan un ano máis na campaña “1m2 polas praias e mares”

 

Nada máis comezar o novo curso escolar os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense puxéronse de novo mans a obra, retomando as campañas de limpeza e reciclaxe.

 

 

Unha delas é a do Proxecto Libera, a través de SeoBirdLife, que traballa a limpeza dos entornos, liberando Basuraleza. Ecovixiantes veñen participando nas catro xornadas anuais desde 2017. A primeira deste curso tiña lugar esta semana coa campaña “1m2 polas praias e mares” para a cal elixían a praia fluvial do Parque Lonia (río Loña).

 

 

Ata alí se desprazaban 45 Ecovixiantes acompañados por Cristina, Josiño e Lalo, ataviados cos chalecos amarelos do Programa Stars España, retirando uns 150 kg de lixo, entre o que destaca unha papeleira de
ferro cos seus soportes de cemento. “Tamén recollimos cabichas, botellas, cristal e vidro”, explica o profesor Lalo Sánchez lembrando que tamén celebraron a Semana Europea da Mobilidade.

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button