OurenseÚltima hora

Os Ecovixiantes de Franciscanas reciben mañá a Medalla Prol Ecclesia concedida polo Bispado de Ourense

 

E x ano mes de novembro, os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense continúan coas súas innumerables actividades. Primeiro a entrega de 150 quilos de tapóns solidarios que marcharon ao CEIP Seixalbo para a súa campaña solidaria de recollida. Tamén acudiron aos estudos da Cadea COPE en Ourense para realizar unha entrevista das súas actividades con motivo da entrega da Medalla Prol Ecclesia concedida polo Bispado e que recibirán en Xinzo de Limia este xoves 7.

Ademais prepararon os primeiros paquetes de xornais usados con destino a PROGAPE, Sociedade Protectora de Animais, dentro do Proxecto Gadoupas. E terminaron clasificando os tapóns solidarios levados ao colexio.

Limpeza na Pista Vermella de Barros Sibelo en Ourense

 

 

Con respecto á limpeza, esta semana actuaron na Pista Vermella de Barros Sibelo en Ourense. “Atopamos un auditorio extremadamente sucio, con restos de botellón: latas, cristais, cartóns… Aínda que a intención era a recollida de cabichas dentro da campaña O Mar empeza aquí, estivemos entretidos con varios sacos de residuos de obra, que alguén botou nas traseiras dos edificios. É moi fácil de seguir o rastro polas obras que se están desenvolvendo na rúa Doutor Temes”, explica o profesor Lalo Sánchez.

Os ecovixiantes recolleron miles de cabichas e desenvolveron hábitos de vida saudable cun partido de fútbol onde o Sporting Sogama impúxose con claridade (5-2) ao Atlético Pilabot. Tamén xogaron ao voley brilé.

E como todo esforzo ten a súa recompensa, mañá xoves 7 de novembro recibirán en Xinzo de Limia unha das Medallas Prol Ecclesia que concede o Bispado.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button