Unha semana máis os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense poñían o seu gran de area na defensa do medio ambiente. Continúan co programa de liberación de libros e de clasificación e entrega de Tapóns Solidarios que agora se entregan no corazón de Barbadás; e ademais tiñan unha xornada inesquecible coa Asociación DCA (Dano Cerebral Adquirido) de Ourense, acompañados por Antonio Ferreiro dela SGHN, Luis Amigo da aula da Natureza de Oira e da divulgadora zamorana Concha Chamas, que presentou na cidade o seu último conto La loba e o Podenco.
A actividade virou sobre o Día das Aves Migratorias e colocáronse caixas niño para paxaros no Parque do Barbaña. Ademais os Ecovixiantes recollían as cabichas da contorna da Asociación DCA e varios baixaron a limpar o tramo del Río Barbaña.
Fotos cedidas.




