ConcellosEn portadaÚltima horaVídeos

Os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do Barco conmemoran o día “das nosas letras” cun vídeo

Veñen de emitir un vídeo coa súa particular homenaxe ás Letras Galegas e a Ricardo Carvalho Calero

 

Non como quixeran (no Malecón), xa que a situación polo estado de alarma non o permite, pero os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do Barco de Valdeorras quixeron estar presentes, aínda que de xeito virtual, no Día das Letras Galegas que se celebra mañá 17 de maio na honra a Ricardo Carvalho Calero.

Con este vídeo e á espera de desenvolver como ven sendo habitual, as actividades en colaboración co Centro Comercial Aberto, involucrando a toda a comunidade educativa, deixan a porta aberta á esperanza de “continuar o noso labor dinamizador que tantas alegrías e éxitos nos ten dado en prol da nosa lingua”, aseguran.

Nesta homenaxe virtual ás Letra Galegas están representados todos os centros do Barco: IES Martaguisela, IES Lauro Olmo, CEIP Otero Pedrayo, CEIP Conde Fenosa, CEIP Julio Gurriarán e  Divina Pastora.

 

Artigos relacionados

Back to top button