OurenseÚltima hora

Os escolares ourensáns celebran o Día da Paz na Praza Maior

Varios escolares de Ourense concentráronse, hoxe 30 de xaneiro na Praza Maior, para celebrar o Día da Paz. Un acto no que leron os seus manifestos para pedir a paz na sociedade. Entre eles solicitaban tolerancia, amor e respecto .

Tamén explicaron que escolleuse este día para celebrar o “Día da Paz” xa que se conmemora a morte de Mahatma Gandhi “que foi asasinado por defender estas idas”. Entre as verbas dos cativos había consellos como “o amor é a forza máis humilde, pero a máis poderosa da cal dispón o mundo” ou que entre todos “podemos contribuír a que neste mundo haxa máis paz”.

Ao rematares o acto, cantaron a canción “Blowing in the wind” de Bob Dylan, e soltaron globos brancos ao aire pedindo pola paz na escola, na sociedade e na familia.

Fotos: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button