OurenseÚltima hora

Os escolares ourensáns celebran o Xoves de Compadres

O Entroido chama á porta e 170 alumnos e alumnas de 1º, 2º, 3º e 4º curso de Educación Primaria de 4 centros de ensino da cidade: CEIP Mestre Vide, CEIP Manuel Sueiro, CEIP As Mercedes CPR San José, celebraron hoxe, 1 de febreiro, o tradicional Xoves de Compadres. Unha tradición na que as rapazas elaboran os seus “compadres” a modo de burla ou mofa dos nenos e éstes teñen que perseguilas para roubarlle estes bonecos feitos cun esqueleto de cartón e adornado con toda a orixinalidade do mundo.

A actividade arrancou cara ás once e media da mañá, cando as rapazas e os rapaces dividíronse en dous grupos xa que, mentres as rapazas facían cantos de mofa cara aos rapaces, estes respostaban. Tras disto, comezou a marabunta e a carreira para poder romper aos compadres.

Fotos: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button