Galerías de fotosÚltima hora

Os estudantes de Valdeorras traballan sobre “os castiñeiros de Florencio Delgado Gurriarán”

O proxecto As Letras de Florencio continúa o seu calendario des actividades. Desta volta, está inmerso nun traballo cos escolares da comarca de Valdeorras sobre os textos que o poeta de Córgomo ten adicados ás árbores, e en especial aos castiñeiros.

O traballo que comezou hai unha semana, está dirixido aos  cativos de 4º, 5º e 6º de Primaria e ne, os rapaces “ademais de meterse no mundo da natureza do autor e das súas peculiares imaxes, traballaron conceptos literarios de maneira lúdica, coñeceron aos poetas vangardistas e sobre todo coñeceron un pouco máis sobre as árbores que a nosa paisaxe ofrece”, explica a directora do proxecto Dábora Álvarez.

Os traballos continuarán polos centros escolares ata o vindeiro día 22 de abril, Día da Terra.

Artigos relacionados

Back to top button