A xornada deste sábado 18 de febreiro foi unha das máis destacadas no Entroido en Maceda. Xa de boa mañá tiña lugar a saída dos Felos percorrendo os diferentes pobos do concello e visitando aos veciños.
Dende a praza das Toldas, pola mañá visitaban Castro de Escuadro, Pias, Santirso, Xinzo da Costa e Celeirón; e xa pola tarde tocáballe o turno a Barxela, Vilar, Carguizoi, Tioira e Maceda.

E tralo regreso chegáballe o turno á Marela, que baixaba dende o alto do Toural acompañada polas charangas BCB, Zés Pereiras de Amarante e Felga de Maceda.
A verbena correrá a cargo da charanga Fuego.
Fotos: Carlos G. Hervella.