ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Os fieis acompañan ao Cristo dos Ferroviarios polas rúas do Barco

Na tarde do 23 de marzo celebrábase a segunda procesión da Semana Santa barquense

Ás oito da tarde do mércores 23 de marzo, o Cristo dos Ferroviarios saía da igrexa de San Mauro para completar a procesión Vía Crucis polas rúas do Barco de Valdeorras (Eloi Mira, Marcelino Suárez, Estación de Tren, Eloi Rodriguez Barrios), a segunda da Semana Santa barquense (a primeira tiña lugar o Domingo de Ramos). O bo tempo acompañou no percorrido aos numerosos fieis que seguiron a imaxe do Cristo.

O programa da Semana Santa no Barco continúa mañá, Xoves Santo, con varios cultos. Haberá confesións dende as 9:30 horas e un acto de penitencia comunitaria ás 11:30 horas. Xa pola tarde, ás 19 horas dará comezo a misa na Cea do Señor e ás 22 horas a procesión do Silencio coa imaxe de Xesús Nazareno dende a igrexa de San Mauro polas rúas Pérez Lista, Marcelino Suárez e Eloi Mira. Ás 23 horas comezará a Hora Santa.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button