ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Os Fillos do Estramonio poñen o broche á XI Mostra de Patrimonio Inmaterial de Trives

Do 9 ao 11 de agosto a vila acollía unha exitosa edición desta celebración que promove a Asociación Cultural A Caniceira

Con música galega e moito humor despedíase na noite do 11 de agosto a XI Mostra de Patrimonio Inmaterial de Trives, que organiza a Asociación Cultural A Caniceira. A Praza do Reloxo da vila acollía un intenso e divertido concerto de Os Fillos do Estramonio, no que non faltaron as anécdotas. Entre elas, a botella de licor café coa que Isabel, da Cafetería Sky, agasallaba á banda, que, en agradecemento, facíaa subir ao escenario.

A actuación, e tamén o programa desta exitosa e completa mostra cultural, finalizaba cun sorteo (coa participación de Jorge, Lucas e David) de dúas cestas de produtos (unha da organización e outra cedida polos promotores do Torneo de Futsal de Trives) e dun “lote caniceiro”.

Fotos: A.C. A Caniceira de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button