Unicamente a cabeza e as espiñas. Era o que quedaba da sardiña que sacaban en procesión pola vila os membros dos folións triveses na tarde do 14 de febreiro, Mércores de Cinza. Dende Santa Leonor, iniciaban un traxecto, encabezado pola citada sardiña e o “crego” que oficiaba a cerimonia do enterro cunha serie de paradas polos bares da localidade, nas que non faltaban as coplas en clave de humor.
Despois, o cortexo regresaba a Santa Leonor. Alí, os participantes saboreaban un menú a base de empanada de sardiñas, costelas asadas, torrexas, bica, café e chupito. A continuación, tiña lugar a queima da sardiña e con ela a fin do Entroido por este ano en Trives.
Fotos cedidas.
Máis fotos:
https://osil.info/procesion-enterro-da-sardina-trives-fotos/