Logo de intensos días de rondas e visitas, os folións de Trives xuntábanse para darlle a despedida a este Entroido na vila co seu xa tradicional “Enterro da Sardiña” no Mércores de Cinsa. Desta volta tocáballe a quenda de organizalo ao Folión Os Labregos.
Pese á chuvia, cumprían coa tradición, e tras un percorrido pola vila, a Sardiña, que leva tamén a súa preceptiva máscara, remataba entre as chamas dunha fogueira xunto a Santa Leonor. Antes, os asistentes desfrutaban dunha merenda a base de chourizos e panceta á parrilla, e, xa como sobremesa, había bica e chocolatada.
Fotos: Folión Os Labregos.