En portada

Os godellos valdeorreses engaiolan aos Master of Wine

Iniciaban a súa visita a esta denominación cunha cata de 50 viños brancos e tintos no Pazo do Castro
A cata tivo como escenario un dos salóns do Pazo do Castro (O Barco)./ Foto: Carlos G. Hervella.
A cata tivo como escenario un dos salóns do Pazo do Castro (O Barco)./ Foto: Carlos G. Hervella.

Continúa a visita dos Masters of Wine polas denominacións de orixe galegas. Despois de Rías Baixas e Ribeiro, na tarde do 14 de abril un grupo de 17 expertos de diferentes países deste prestixioso instituto internacional chegaban ata Valdeorras. Do grupo formaban parte o único Master of Wine español, Pedro Ballesteros, e o enólogo Pepe Hidalgo. A súa primeira parada tiña lugar no Pazo do Castro (O Barco), onde eran recibidos polo presidente desta denominación, José Vicente Solarat, e polo seu director técnico, Jorge Mazaira, así como polo alcalde barquense, Alfredo García.

O enólogo José Hidalgo e Pedro Ballesteros, o único Master of Wine español, catando viños valdeorreses./ Foto: Carlos G. Hervella.
O enólogo José Hidalgo e Pedro Ballesteros, o único Master of Wine español, catando viños valdeorreses./ Foto: Carlos G. Hervella.

De seguido, participaban nunha cata duns 50 viños (brancos, tintos e mesmo algún escumoso) amparados pola D.O. Valdeorras, na que lle chamaban a atención especialmente os godellos pola súa frescura e expresividade, tal e como destacaba a presidenta do Institute of Master of Wine, Sarah Jane Evans.

Nesta cata podían valorarse ata 50 tipos de viños diferentes desta D.O./ Foto: Carlos G. Hervella.
Nesta cata podían valorarse ata 50 tipos de viños diferentes desta D.O./ Foto: Carlos G. Hervella.
O director técnico da D.O. Valdeorras, Jorge Mazaira, nun dos momentos da cata./ Foto: Carlos G. Hervella.
O director técnico da D.O. Valdeorras, Jorge Mazaira, nun dos momentos da cata./ Foto: Carlos G. Hervella.

Posteriormente, trasladábanse ata a adega Roandi (Éntoma), onde, tras visitar as súas instalacións, asistían á proxección dun video e desfrutaban dunha cea acompañada de viños propios.

Percorrido pola adega Roandi de Éntoma (O Barco)./ Foto: Carlos G. Hervella.
Percorrido pola adega Roandi de Éntoma (O Barco)./ Foto: Carlos G. Hervella.
Cea dos Masters of Wine en Roandi./ Foto: Carlos G. Hervella.
Cea dos Masters of Wine en Roandi./ Foto: Carlos G. Hervella.

A visita continuará na mañá do mércores 15 de abril. Dende primeira hora moveranse pola denominación para ver diversos viñedos e adegas. Un percorrido que concluirá en torno ás 11:30 na adega de Rafa Palacios, no Bolo. De seguido, trasladaranse de novo ata O Barco, e máis en concreto a Xagoaza, para ver os viñedos de Godeval e despois desfrutar dun showcooking co cociñeiro Álvaro Villasante, do Grupo Nove.

Texto: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button