CD TrivesDeportesFútbolÚltima hora

Os goles de Borgas dan ao CD Córgomo Vilamartín a vitoria ante o CD Trives

Co 2-1 remataba o primeiro derbi da tempada disputado no Campiño de Viloira (O Barco)

 

O CD Córgomo Vilamartín-CD Trives era un dos partidos máis esperados. Non só por tratarse do primeiro derbi da tempada, senón porque moitos dos xogadores e o corpo técnico do Trives forman agora parte do conxunto valdeorrés, con moita afección compartida, polo que non defraudou.

Na tarde deste domingo 24 de setembro disputábase no Campiño de Viloira (O Barco), o segundo partido desta tempada no segundo grupo da Segunda Galicia Ourense, entre dous equipos cunha gran afección que enchía as bancadas e tamén os arredores do campo de herba artificial.

 

 

Eran os locais, conxunto adestrado por David Pérez quen dominaba na primeira parte do encontro onde Borgas marcaba en dúas ocasións. O primeiro gol chegaba no minuto 9 e o segundo no 17. Tralo paso polo vestiario o partido continuaba sen goles ata que rozando xa o final Jhosua recurtaba distancias poñendo o 2-1 no marcador.

Con este resultado e trala vitoria na anterior xornada no campo do Atlético Vilariño (gol de Brais Vidal), o CD Córgomo sitúase no 4º posto da clasificación. O seguinte partido xogarano no campo do CD Vilar de Barrio.

 

 

O CD Trives pola súa banda, vencía 2-0 en casa ante o CD A Bola no primeiro partido, situándose arestora no 8º posto. Na vindeira xornada xogarán no campo do Atlético Vilariño.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button