ConcellosManzanedaTrivesÚltima hora

Os habitantes dos concellos de Trives e Manzaneda terán descontos na estación de montaña

Publicidade
Remontes na Estación de Montaña Manzaneda.

 

A Estación de Montaña Manzaneda e os Concellos da Pobra de Trives e Manzaneda veñen de asinar un convenio, que xa está en vigor, para facilitar o acceso dos habitantes de ámbolos dous municipios ás instalacións.

Co único requisito de estar censados, os veciños e veciñas dos dous municipios nos que está emprazada a estación de montaña “desfrutarán de descontos tanto na piscina e o circuíto termal coma nos remontes”, explican dende a estación que durante os últimos meses estreitou os vínculos económicos coa comarca, “de onde proceden agora a inmensa maioría dos seus provedores, así como os traballadores que se incorporan como reforzo de tempada, tanto durante o verán pasado como agora no inverno”, puntualizan.

De forma paralela realizáronse traballos de adecuación das instalacións, “tamén por parte de empresas locais na súa maioría”, despois dos danos provocados polo peche do ano pasado como consecuencia da pandemia e do temporal Filomena.

 

Artigos relacionados

Back to top button