ConcellosO BoloÚltima hora

Os horarios para visitar os monumentos e museo de O Bolo cambian durante os meses de outono e inverno

Satuario das Ermitas visto dende a área recreativa./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Concello de O Bolo manterá o servizo de Información Turística cambiando os horarios de atención ao público durante os meses de outono e inverno. Así,  partir do día 1 de outubro o Castelo medieval, o Museo Yosso (o artista de Valbuxán que xoga como ninguén coa luz e a cor) e o servizo de guía gratuíto nas Ermitas, monumento singular do barroco, terán novos horarios e días de apertura. Atenderanse aos visitantes todos os venres, sábados e domingos en horario de mañá.

No caso do Castelo do Bolo a apertura ao público será os venres de 10 a 12 horas e os sábados e domingos de 12:30 a 14:30 horas . O servizo de guiado de balde no santuario barroco das Ermitas estará dispoñible os venres de 12:30 a 14:30 e os sábados e domingos de 10 a 12 horas. O museo Yosso abrirá ao público o segundo e o cuarto sábado de cada mes de 10 a 12 horas, sempre baixo reserva previa no teléfono de atención turística do Bolo 606 01 71 05. No caso do mes de outubro o museo poderase visitar baixo petición os días 8 e 22.

O acceso tanto ao museo como ao Castelo teñen un custe especial de 1,80 euros/persoa e os veciños censados no Bolo teñen pase de balde. Os nenos menores de 12 anos e as persoas maiores de 65 pagarán 0,90 euros e os grupos de máis de 10 persoas 0,60 euros/persoa.

 

 

 

Satuario das Ermitas visto dende a área recreativa./ Foto: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button