SanidadeÚltima hora

Os hospitalizados con Covid no HPV baixan a tres

Pola contra, os casos activos na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras ascenden a 1.351

Exterior do Hospital Comarcal Valdeorras, no Barco.

 

Segue subindo, e de forma considerable, o número de positivos por Covid-19 na provincia. Segundo os datos da Consellería de Sanidade feitos públicos a través dunha App, a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras rexistra nesta xornada de 9 de outubro un total de 1.351 casos con infección activa (203 máis que onte), dos cales 67 seguen ingresados (9 na UCI e 1.284 a seguemento a domicilio).

Por hospitais, no de Valdeorras baixan 1 os ingresados cun total de 3 por coronavirus.  O de Verín suma 1 máis cun total de 9 e no Hospital Universitario de Ourense hai 46 ingresados en planta e 8 en UCI. Ademais El Carmen mantén 1 paciente na UCI.

Segundo os datos feitos públicos por Sanidade, a día de hoxe o total de casos rexistrados na provincia ascenden a 4.468 (239 máis que onte) con 2.953 curados e 164 falecementos. Os casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas son 235. En total lévanse realizado 68.965 probas PCR e 59.169 probas serolóxicas.

Artigos relacionados

Back to top button